O observador da Unión Europea, Max van den Berg, asegura que a súa valoración da xornada electoral deste sábado é “claramente negativa”.
Nixeria celebrou este sábado as súas terceiras eleccións democráticas consecutivas desde a caída en 1999 do último Goberno militar. A violencia e a fraude marcaron os comicios no que é o país máis habitado de África, con 135 millóns de cidadáns.
Os primeiros resultados confirman unha clara vitoria de Umaru Yar'Adua, sucesor do presidente saínte, Olusegun Obasanjo do Partido Democrático do Pobo. Porén, o líder da oposición, Muhammadu Buhari, rexeitou a vitoria do seu rival por mor das irregularidades detectadas no proceso. Asegurou ademais que probabelmente convoque os seus partidarias para que saian á rúa se Yar'Adua proclamaba a vitoria.
A xornada rematou coa vida de tres mozos nuns altercados en Daura orixinados a raíz da desaparición de miles de papeletas nun colexio electoral. Ademais, homes armados roubaron urnas en Kano mentres que en Kano un funcionario electoral foi secuestrado.
Pola súa parte, o observador da Unión Europea, Max van den Berg, recoñeceu que o proceso foi similar ao das eleccións rexionais da semana pasada, nas que se produciu unha fraude xeralizada e morreron 50 persoas.