Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Polémica logo do último cumio hispano-marroquí

Concentración no Obradoiro en defensa dos dereitos do pobo saharauí

As sedes dos gobernos autonómicos de todo o Estado acolleron este sábado concentracións en defensa da autodeterminación e independencia deste territorio.

Redacción - 20:30 14/04/2007
Tags:

A Asociación Solidariedade co Pobo Saharauí, impulsora da concentración en Galiza, cualifica de ofensivas as últimas declaracións do presidente do goberno estatal logo do cumio hispano-marroquí mantido o pasado mes de marzo. Nelas Zapatero amosou o seu apoio á proposta de autonomía de Marrocos, que exclúe a independencia para o pobo saharauí.

Desde a asociación pregúntanse se é que “ninguén lle explicou ao presidente do goberno que a ONU xa dictou máis de 50 resolucións sobre este conflito, que só falta aplicalas e que o único obstáculo para elo é a intransixencia de Marrocos”. Solidaridade co Pobo Saharauí considera que o goberno estatal está a utilizar “a nova defensa dos dereitos lexítimos do Sáhara Occidental como moeda de cambio ante o permanente chantaxe marroquí”.

É por iso polo que na concentración deste sábado se lle pide ao goberno estatal unha rectificación e o apoio sen matices ás resolucións da ONU sobre o dereito do Pobo Saharauí á autodeterminación e independencia. Ao mesmo tempo, tamén se esixe a paralización dos “contratos” de venta de armas a Marrocos.

Segundo a asociación, o Estado español “segue a ser responsábel, legal, moral e político, da traxedia que sofre o Pobo Saharauí, e non pode ser cómplice dunha nova manobra para despoxalo dos seus lexítimos dereitos”. Lembran tamén que a defensa dos intereses propios no norte de África non é incompatíbel “defensa da legalidade internacional e a xustiza, isto non debilita a ningún goberno”.


4,33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: