Ducias de deputados laboristas anuncian o voto en contra para o proxecto.
Outra polémica de Tony Blair no treito final de mandato
Novo paradoxo no treito final do actual goberno británico. O primeiro ministro, Tony Blair, parece ter garantido o éxito para o seu proxecto de renovación de arsenal nuclear. Así e todo, para sacalo adiante necesitará os votos do principal partido da oposición.
Os conservadores votarán a prol dunha decisión contra a que se opoñen ducias dos deputados do seu propio partido, nunha revolta interna dos laboristas que non acada tal dimensión desde as rifas polo apoio á guerra en Iraq. Blair non necesitaba da beizón parlamentaria para autorizar a iniciativa, malia que preferiu levala de igual forma ao Parlamento. O proceso xa provocou a dimisión de dous estreitos colaboradores.