O corredor do Caisse D`Epargne adxudicouse a tirada deste sábado sen dar opcións a sorpresas e xa é o virtual gañador da proba.
Valverde dominou a crono
A cuarta tirada da Volta a Murcia evidenciou que aínda queda moito camiño por percorrer neste comezo de tempada para dúas das principais bazas do Karpin Galicia no ano do seu debut. Isidro Nozal e Marcos Serrano confirmaron cos seus tempos que aínda se atopan en período de posta a punto. A falta dunha xornada, sitúanse na xeral nos postos vixésimo primeiro e trixésimo, respectivamente.
Alejandro Valverde percorreu os 23 quilómetros da tirada en 32 minutos e 57 segundos acadando así unha vantaxe na xeral de 35’’. Isidro Nozal fixo un bo papel no tramo chan da crono, pero perdeu ritmo na parte final en subida e entrou a 2’46’’ do novo líder. Serrano, que está a padecer un proceso alérxico, o fixo a 3’21’’ e Castaño a 3’41’’. Aínda así, os resultados non son preocupantes xa que está planificado que os galegos comecen a ter un bo nivel competitivo a partir de abril.
A quinta tirada estará, previsibelmente, dominada polos esprinters, polo que non se agardan cambios importantes na xeral.