O Karpin Galicia afronta a contrarreloxo deste sábado con dous corredores loitando polo primeiro posto da xeral.
Isidro Nozal
Isidro Nozal, Carlos Castaño e o resto dos corredores do conxunto galego cruzaron a meta situada en San Pedro del Pinatar co resto do pelotón. Os dous primeiros ocupan logo desta terceira tirada os postos vinte e dous e vinte sete, co mesmo tempo que Baden Cooke (Unibet.com) que é o novo líder da Volta. A tirada foi para o seu compatriota australiano, Grame Brown, do Rabobank.
A contrarreloxo deste sábado, 23 quilómetros, será decisiva para os intereses dos dous corredores galegos. Isidro Nozal é un especialista na modalidade polo a súa participación esperta o máximo interese entre os seguidores do conxunto galego.