Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
[CICLISMO]

Nozal: "Veño aquí coa mesma ilusión que tiña cando empecei"

Isidro Nozal forma parte desde o pasado venres do Karpin Galiza. O ciclista cántrabro, que asinou contrato por un ano, asegurou na súa presentación que afronta esta nova etapa coa maior das ilusións: "Veño aquí coa mesma ilusión que tiña cando empecei. Para min é como se pechase o meu primeiro contrato profesional". Nozal sinalou que o proxecto é "unha oportunidade que se me brinda para estar diante e gañar" e que quere aproveitar "esta ocasión para volver a ser o mesmo corredor do 2003 e 2004".

- 10:48 26/12/2006
Tags:

Valery Karpin, presidente da Fundación Ciclismo Galego, lembrou que "a pesar de que xa deramos o equipo por pechado, tivemos a grande oportunidade de fichar a un corredor co currículo profesional de Isidro Nozal, e non o podiamos deixar escapar. Por iso estamos hoxe aquí, e agora si que xa podemos afirmar que o equipo está pechado".

Pola súa parte, o director do conxunto galego, Álvaro Pino, sinalou que Nozal "vai ocupar un papel relevante dentro do grupo. Non me gusta falar de líderes, iso demóstrase nas estradas, pero penso que vai ser unha das cabezas do equipo".

Ao mesmo tempo, o director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez, afirmou que para a Consellería de Cultura e Deporte "é unha gran satisfacción a fichaxe deste corredor, que é unha figura relevante do ciclismo, e que a pesar de ter outras ofertas, decidiuse polo noso equipo, o cal significa que se están facendo as cousas ben, con seriedade, que se están poñendo as mellores bases e que fixemos un equipo moi competitivo que nos vai dar moitas satisfaccións".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: