O corredor cántabro Isidro Nozal está a piques de pechar a súa fichaxe polo Karpin Galicia. A posíbel incorporación é toda unha sorpresa, xa que o equipo galego xa pechara o cadro de ciclistas hai uns días. Valeri Karpin e Álvaro Pino non quixeron desaproveitar a oportunidade de contar cun deportista cunha traxectoria destacada e decidiron "facer un importante esforzo para mellorar o equipo". Nozal foi segundo na Vuelta a España do 2003 e tamén gañou unha etapa no Tour de Francia do 2002. Segundo Pino, "é un corredor que está no seu mellor momento profesional polo que nos pode dar moitas alegrías. Vén a reforzar o grupo".