Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Reclaman igual salario có persoal municipal

As limpadoras do Concello compostelán cumpren corenta días en folga

As traballadoras da empresa ISS, que realiza as laboras de limpeza do Concello de Santiago, levan máis dun mes en folga demandando a equiparación salarial con respecto ao persoal do Concello. Este 8 de marzo van xa corenta días que levan manifestándose na Praza do Obradoiro todas as mañás.

Redacción - 22:08 08/03/2007
A pancarta do 8 de marzo, diante de Raxoi

A pancarta do 8 de marzo, diante de Raxoi

Trinta mulleres empregadas na contrata ISS Facility Services comezaron unha folga de carácter indefinido o 29 de xaneiro. Xa van alá corenta días,durante os cales as traballadoras estiveron manifestándose todas as mañás diante de Raxoi. Dende a CIG Servizos afirman que esta mobilización, especialmente intensa neste 8 de marzo, ten como obxectivo denunciar a situación das contratas, tanto nas Administracións como nas empresas privadas. Salientan a pasividade tanto do Concello como da empresa para negociar. "Trátannos como criminais", di Maica Moure, unha das manifestantes. "O valado policial que hai arredor do Concello vai gañando cada día máis metros... Habémonos acabar manifestando na Catedral. Pero nós non queremos asaltar a ninguén, simplemente sentar a falar". A maioría destas traballadoras teñen un contrato a tempo parcial en diferentes centros de traballo e non se lles ten en conta o tempo dos desprazamentos.

Neste momento están a realizar servizos mínimos, "pero son de seis horas, cando o noso traballo habitual eran de oito", como afirma Maica Moure, unha das manifestantes. A iso súmanlle que moitas delas teñen que realizar outros traballos, dentro da mesma empresa, malia non seren para o Concello, e lembran a dobre xornada que lles supón ser tamén amas de casa. Con todo, non van deixar de manifestarse. Mercedes Pedrouzo afirma "seguiremos até que o consigamos. Non estamos pedindo nada do outro mundo". Roberto Alonso indica: "non é nada raro: equiparar os salarios das contratas aos do persoal fixo tense feito en varias Administracións e non supuxo problema ningún". Ás consignas habituais de "Igual traballo, igual salario", sumouse este Día Internacional da Muller "8 de marzo, non á hipocrisía".


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: