Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O PLAN DE XESTIÓN DE RESIDUOS RECOLLERÁ A SÚA LOCALIZACIÓN EXACTA

Medio Ambiente descarta a incineración para a "segunda Sogama" do sur

A consellería afirma que o novo Plan de xestión de residuos cumprirá escrupulosamente "a normativa estatal e as directivas europeas" na instalación da nova planta de xestión de residuos, prevista para o sur do país. "A política do actual goberno é contraria a incineración", sinalan.

Redacción - 15:01 07/03/2007
A nova planta do sur non utilizará a incineración / Victor Santos

A nova planta do sur non utilizará a incineración / Victor Santos

A Consellería de Medio Ambiente saíu ao paso das denuncias de varios grupos ecoloxistas, nas que se acusaba ao departamento dirixido por Manuel Vázquez de preparar unha planta de "incineración encuberta" no sur do país. Segundo sinalaron fontes da consellería a este xornal, recoñecese que é preciso "aliviar a carga de traballo a Cerceda cunha nova planta no sur de Galiza", mais engaden que "a política do actual goberno é contraria á incineración".

"O Plan de xestión de residuos (que será publicado no prazo aproximado dun mes) fixará a localización exacta desta nova planta e a técnica que será utilizada", anunciaron. En calquera caso, dende Medio Ambiente aseguraron que o plan "cumprirá co que diga tanto a normativa estatal, como as directivas europeas".

"Plasma igual a incineración"
A Directiva 2000/76/CE da UE, de 4 de decembro do 2000, relativa á incineración de residuos, recolle no seu artigo 3 apartado 4 que por "instalación de incineración, enténdese calquera unidade técnica ou equipo, fixo ou móbil, dedicado ao tratamento térmico de residuos con ou sen recuperación da calor producida pola combustión, incluída a incineración por oxidación de residuos, así como a pirólise, a gasificación ou outros procesos de tratamento térmico, por exemplo o proceso de plasma, na medida en que as sustancias resultantes do tratamento se incineren a continuación."

Os ecoloxistas amosaran a súa preocupación co sistemas que a Xunta estuda para o tratamento do lixo. Adega xa anunciou que se oporá radicalmente "á gasificación por plasma como método para tratar o refugallo do sur de Galiza". Para a asociación, se a Consellería de Medio Ambiente apostase polo plasma estaría a agochar unha "incineración encuberta".

Fronte a unha "segunda Sogama" no sur, Adega demanda un modelo sustentábel de xestión de residuos, descentralizado e baseado na redución e na compostaxe.

Foto de Victor Santos.


Documentos

5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: