Unha noite non é nada
É importantísimo tomar conciencia da preocupación verde.
Os homes, dende logo, pero para as mulleres é moi doloroso constatar nas propias carnes que un día converteraste nunha vella verde.
Cando eramos mociñas, rexeitabamos aos vellos que nos miraban libidinosos, aos babosos que peiteaban canas e nos facían as beiras coma se fosen mozos.
Claro, van pasando os anos e unha mira no seu arredor como príncipes azuis mudan en vellos verdes e comezas a miralos compasivamente, solidariamente, porque chegará un día que unha tamén poña os ollos en homes moito máis novos. Penso que o labor dos verdes é fundamental para dignificar esta situación no mundo.
Os principais grupos políticos teñen a convicción da necesidade dunha nova lei de función pública, malia que difiren na concreción. No medio, o PP pretende suprimir para os funcionarios a obrigatoriedade de coñecer o galego.