Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis de 840.000 euros

Galiza colabora na formación profesional dos pescadores de Centroamérica

O programa promovido pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior busca acadar que a pesca se converta nunha actividade económica de peso.

Redacción - 10:45 27/01/2008

O programa rexional de pesca elaborado pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), a través do Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) foi presentado no Salvador co fin de dar resposta ás necesidades dos praceiros para reverter a situación de carencias formativas detectadas na cadea pesqueira.

O programa conta cun investimento da Xunta até 2009 de 842.000 euros, que irán destinado á capacitación dos pescadores centroamericanos, de xeito que se consiga converter a pesca artesanal no motor de desenvolvemento das súas comunidades. O proxecto levarase a cabo en colaboración cos gobernos locais e a Organización Pesqueira e Acuícola do Istmo Centroamericano (OSPESCA), integrada polos ministros, viceministros e directores de pesca e acuicultura da rexión.

Durante a presentación, a directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo, remarcou o compromiso que o goberno galego ten en materia de cooperación pesqueira en diversos países do mundo, e que dende Galiza podemos aportar un valor engadido, “dada a nosa experiencia como pobo eminentemente mariñeiro”.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



NA REDE:



Promoverase a pesca como sector sustentador da economía. Flickr: SPereira
Promoverase a pesca como sector sustentador da economía. Flickr: SPereira