As Letras 2008 homenaxean o poeta, o investigador, o historiador e o editor que foi Xosé María Álvarez Blázquez. Mais lembran fundamentalmente un traballo silandeiro e continuado: o labor do mediador, imprescindíbel en calquera cultura, que como dinamizador do traballo colectivo serve de nexo e estada de todas as iniciativas. Álvarez Blázquez, ben fose como arqueólogo ou a través da editorial Castrelos, ben nas escolmas en que recuperou un inxente corpus literario . case perdido, foi, ao cabo, un buscador de tesouros.
Vieiros regálache unha
edición facsímile do
primeiro poemario de
Álvarez Blázquez,
'Poemas de ti e de min',
escrito nos anos trinta
mantendo a liña
estética do
neotrobadorismo, e
editado en 1949, sendo o
terceiro libro publicado en Galiza
na nosa lingua despois da Guerra Civil.
PDF, 11 Mb, descárgao aquí >>
A homenaxe a Álvarez Blázquez é, en parte, un recoñecemento a unha saga que acumula xa catro xeracións de literatos, realizando un traballo fundamental na construción da cultura galega dende finais do século XIX. Emilio Álvarez Giménez, Darío Álvarez Limeses (pai de Xose María Álvarez Blázquez, fusilado en 1936), Xerardo Álvarez Limeses (tío do homenaxeado), Emilio Álvarez Blázquez (irmán de Xosé María)..., até chegar ao último elo (polo de agora), no que Alfonso, Celso e Xosé María acabaron convertidos en escritores ou filólogos, e Berta Álvarez Cáccamo ligada ao mundo das artes visuais.
Celso Álvarez Cáccamo fala sobre a relación que mantivo seu pai co galeguismo histórico, e mesmo con Portugal e a Lusofonía.
Alfonso Álvarez Cáccamo repasa a relación de seu pai cos seus fillos e analiza a súa personalidade, salientando a forma en que realizaba o seu labor cultural de xeito calado e silandeiro.
Reunimos a seis autores novos para que lesen os seus textos para Vieiros, e tamén para coñecer a súa visión sobre o Día das Letras e a figura de Álvarez Blázquez, cuxo recoñecemento
nas vindeiras décadas parece asegurado. Ademais, preguntámoslles polas súas propostas para os homenaxeados dos vindeiros anos; e semella que entre a nova xeración de escritores a reivindicación de Lois Pereiro é maioritaria.
"Na cultura non debería haber nada sagrado de por si, e menos os criterios"
"O Día das Letras é unha celebración demasiado solemne, que responde a unha forma de ver a cultura que non comparto"
"Apostaría por Lois Pereiro, aínda que non vai saír porque os criterios da Academia non van por aí, de momento"
"Créame curiosidade a maneira que terían as autoridades de tratar a figura de Lois Pereiro"
"O esforzo ten que ser máis a nivel persoal, na rúa, no día a día, e non tanto nas institucións"
"O Día das Letras é a manifestación dunha anormalidade do país e do sistema literario"
Ai nena, quen fora!
No rego do prado
'Ao ver que non tiñas nome' (rock)
'Ao ver que non tiñas nome' (hip-hop)
WEBS
A presenza do Día das Letras na rede aumenta ano a ano. Información e imaxes sobre Álvarez Blázquez, páxinas especiais nas webs dos centros escolares, debates e homenaxes nos blogs, e mesmo un xogo interactivo de preguntas e respostas sobre o autor homenaxeado.
VÍDEOS
Clicando nos vídeos poderás ver en youtube algúns poemas do autor, lidos por nenos, con fondo musical e acompañados de secuencias de imaxes.
Este ano Vigo acollerá este ano os actos centrais do 17 de maio, aínda en case todas as cidades e vilas do país celebrarán actividades ao redor de Álvarez Blázquez ou, nun senso máis amplo, das Letras. Destacan as organizadas en Tui, polo vencello do autor co Baixo Miño, na Coruña, que repetirá o seu cortexo cívico, ou en Ferrol, que celebra un acto masivo no Teatro Jofre. mais
A Coruña reivindícase como 'cidade galega'
Nas vindeiras semanas a Real Academia comezará o debate para escoller o autor homenaxeado no ano 2009. Soan nomes como Carvalho Calero, apoiado moi activamente por numerosos colectivos e polo propio Concello de Ferrol, mais tamén o de Lois Pereiro ou Ánxel Casal, e o de moitas outras persoas, ás veces cun forte respaldo local.
mais
"Aínda que non teño moito tempo para ler, cando o fago é sempre en galego. Cando es neno dáste de conta de que se trata dun día especial, e iso queda marcado na memoria".
"Penso que é un día de concordia, para enxalzar o valor da nosa lingua como canle de comunicación entre todos os galegos"
"O Día das Letras é todos os días. A nivel social é unha data con moito simbolismo, aínda que debería repercutir nunha actitude máis comprometida por parte de toda a sociedade"
"Debería ser un día laboral e lectivo, para que os nenos nas escolas puideran vivir a xornada e darse de conta do valor que ten a nosa lingua"
"A rede é esencial para a promoción do galego, xa que é unha das maneiras que ten de saír ao mundo. Hai que traballar para o futuro"
"Deberían terse en conta outros ámbitos, como o audiovisual e o cinema, e alí seguramente merecería Chano Piñeiro unha homenaxe"
"O noso idioma está evolucionando moito. Agora temos a opción de acceder ás tecnoloxías en galego"
"O máis importante deste día é todo o traballo que se fai nos colexios nas semanas previas, durante as que se estuda ao autor homenaxeado"
Vieiros agradece a colaboración da familia Álvarez Cáccamo, en especial de Xosé María, Celso e Alfonso. Así mesmo, a de Eloi Caldeiro e Sons Galiza, que cedeu dúas cancións do disco 'Colorín' para este especial. A do Concello de Porriño, que autorizou a difusión dos contidos do seu DVD 'Palabras Liberadas'. E a de Sabino Torres, propietario dos dereitos de 'Poemas de ti e de min' e Xosé María Álvarez Cáccamo e o CEP Riomaior de Vilaboa, que cederon o orixinal da obra para a súa distribución en soporte facsímile.