Valora que a literatura galega teña un espazo na sociedade, aínda que sexa apenas unhas semanas cada ano.
"O máis importante deste día é todo o traballo que se fai nos colexios nas semanas previas, en todo o mes de maio, durante o que se estuda ao autor homenaxeado, lense as súas obras e dáse a coñecer o que fixo pola cultura galega. Sobre todo, porque ás veces o resto do ano a literatura non ten espazo, nin sequera nos centros escolares. Por iso é tan importante o 17 de maio, sobre todo naqueles lugares máis castelanizados".