O deportista lembra a celebración deste día como unha festa, xa dende o colexio.
"Considero que o Día das Letras é algo especial en Galiza. Aínda que non teño moito tempo para ler libros, cando o fago son sempre en galego. Recordo a celebración deste día como unha festa, xa dende o colexio. Cando es neno dáste de conta de que se trata dun día especial, e iso queda marcado na memoria.
A celebración deste día, serve ademais para potenciar o uso do noso idioma, pero tamén para coñecer máis sobre o autor ao que se lle dedican, e coñecer a fondo a nosa cultura é algo moi importante".