Dende a Liga Nacional de Billarda envíannos, en exclusiva, unha crónica do acontecido este domingo no campo de terra batida de Conxo (Compostela).
Os Paquete Pinchas, da Conferencia Sur, proclamáronse campións nacionais por equipos. Esta conferencia foi a mellor da Gran Muiñada da LNB.
Este domingo 31 de maio, en Conxo (Compostela), os palanadores e palanadoras fan o seu "ensaio nuclear", no segundo e histórico encontro dos e das mellores da tribo billardeira.