Son 2,6 millóns os galegos e galegas que están chamados ás urnas para escoller os representantes do noso país na Eurocámara. Esta sexta feira, PSdeG, BNG e PPdeG pecharon as súas respectivas campañas electorais en Vigo.
O líder dos populares galegos, que tamén pechaban campaña en Vigo, pediu unha "moción de censura popular" de "varias lexislaturas", para os que gastan "máis do que necesitan".
Xosé Blanco, Carmela Silva e Elena Espinosa estiveron nos actos de peche de campaña en Galiza, acompañando o candidato do PSdeG á Eurocámara, Antolín Sánchez Presedo.
Guillerme Vázquez pide o "voto masivo" para os nacionalistas, e Ana Miranda, a candidata da formación, afirmou que "é a única maneira de levar unha voz galega" ao Europarlamento.