Acha na Odisea o tempo do humano todo e no sal do Sinbad a proba de que a vida só pode ser vivida polo home. Trabada ben nova polo verme da literatura, acredita na imaxinación e no erotismo coma antídotos contra a tiranía. Escritora central no Brasil, conferenciante inesgotábel e académica de altura no seu país, Nélida Piñon é sobre todo unha desas narradoras convencidas de que a novela é a xanela que dá para o celme, a máis fértil pescuda, o lugar onde a xeoloxía do humano é posíbel. Unha entrevista de Iago Martínez con fotografías de Marcos Soneira.