O asunto vai ir de novo ao Comité Galego de Xustiza Deportiva, que avaliará se houbo ou non irregularidades na segunda votación.
No domingo a Federación Galega de Piragüismo repetía as eleccións internas. Valledor superou por tres votos a Bea, que volveu denunciar trampas no sistema de voto.
Este sábado volverán votar unha parte dos membros da federación, na repetición parcial do proceso electoral, que se prolongará até primeiros de febreiro.