Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: lobo

4/Marzo/2010 /

Achan a primeira loba en Cataluña en case un século

Técnicos do departamento de Medio Ambiente confirmaron a presenza do animal, que podería vir de Francia ou Italia.


Ricardo García Borregón e Charo Sánchez Parga
25/Febreiro/2010 /

"O sector agrogandeiro non pode cubrir el só o mantemento da fauna salvaxe"

O SLG pide que a Administración asuma economicamente as perdas provocadas polos ataques, e que inclúa nesta categoría o corzo, o coello, o corvo e o voitre.


29/Xaneiro/2010 /

Carta branca para matar lobos na Serra do Suído

Adega denuncia que a Xunta autorice estas batidas e que reducise nun 66% o importe das axudas para previr ataques.


20/Xaneiro/2010 /

Na procura de coartadas para cazar os lobos

Ascel e Verdegaia denuncian que a Federación Galega de Caza pretende xerar rexeitamento cara o cánido imputándolle un hipotético descenso do número de corzos.


14/Xaneiro/2010 /

Furado eólico no Rodicio ao servizo de Iberdrola con estudo ambiental esgarabellado ás carreiras

Os ecoloxistas advirten da gravidade dun macroproxecto eólico que pon en perigo especies ameazadas e en perigo de extinción.


30/Novembro/2009 /

Os ataques de lobo afectanlle a menos do 0,092% do gando en Galicia

Ante a constante avalancha de noticias sobre ataques de lobo ó gando e a afección que estes feitos supoñen para a economía gandeira en Galicia, a Asociación para a Conservación e Estudo do lobo (ASCEL) e Verdegaia queren realizar as súas achegas baseadas en datos reais e obxectivos, afastados do alarmismo e da polémica.


9/Novembro/2009 /

A problemática do lobo en Galiza

Asociación Pola Defensa da Ría, o vindeiro mércores día 11 terá lugar unha nova charla no Teatro Principal de Pontevedra. Como as anteriores, a charla comenzará ás 20:00 horas, e neste caso o tema a tratar será o da PROBLEMÁTICA DO LOBO NA GALIZA.


22/Outubro/2009 /

Premio á imaxe do lobo ibérico

A obra, planificada durante anos por José Luis Rodríguez, captura o momento en que o animal salta unha cancela, disposto a cazar.


"O lobo: Unha carreira pola supervivencia"
8/Outubro/2009 /

"Unha carreira pola supervivencia"

Desde esta quinta feira até o 25 de outubro expóñense Sala de Exposicións da Deputación de Lugo máis de 60 obras a prol da protección do lobo.


Lobo
13/Maio/2009 /

Prenden dous veciños de Dumbría por caza ilegal con lazos de aceiro

Impútaslles a morte de tres xabaríns e dun lobo en poucas semanas utilizando en todos os casos idéntico método.


O Plan de Xestión do Lobo nace 'coxo'
31/Decembro/2008 /

A recuperación do hábitat do lobo, principal carencia do Plan de Xestión

Coa súa aprobación este martes, a Xunta consegue dar un primeiro chanzo, mais non o definitivo, cara a harmonizar a protección da especie cos intereses gandeiros.


13/Agosto/2008 /

Aprender a convivencia co lobo

En setembro estará en marcha unha campaña de concienciación social para "diminuír a conflitividade" entre a fauna salvaxe e a gandaría tradicional.


Manuel Vázquez
8/Xullo/2008 /

Medio Ambiente avanza o que será o "definitivo" Plan de Xestión do Lobo

A norma, que entrará en vigor en outubro unha vez a aprobe o Consello da Xunta, contempla a creación dunha mesa de seguimento.


Lobos
25/Xuño/2008 /

Medio Ambiente inicia os trámites para aprobar o Plan de Xestión do Lobo

A consellaría convocou a mesa pública para analizar o borrador esta cuarta feira, en horario laboral, polo que asociacións de voluntarios non puideron asistir.


11/Febreiro/2008 /

Competicións de caza de raposo sen permisos da Administración

  Rematada a tempada de caza, e na que a maioría das especies están en plan época celo e cría, a Federación Galega de Caza está a organizar campionatos de caza de raposo sen os pertinentes permisos nin os pertinentes anuncios. Isto pon en perigo tanto ás especies, non so as especies (e non so as cinexéticas), se non tamén a  poboación en xeral que quere exercer o seu dereito de uso e disfrute do monte os fin de semana


1/Febreiro/2008 /

O home, lobo para ... o lobo?

Temido, mitificado, cazado, envelenado, ... A convivencia entre humano e lobo nunca foi cordial, sobre todo para o segundo. Debullamos coa axuda dos axentes implicados algunhas das claves que poden mudar esta situación.


3/Febreiro/2008 /

Medio Ambiente contabilizou 592 ataques de lobo entre 2006 e 2007

A consellaría emprega este rexistro para determinar se a poboación de cánidos aumenta ou diminúe malia que os expertos consideran que este mecanismo pouco fiábel.


30/Xaneiro/2008 /

A voltas co lobo: coidado que ven Benito García!

Nun artigo publicado o sábado 12 de xaneiro de 2008 na sección “Galicia Ambiental” de “El Correo Gallego” o Sr. Benito García opina con lixeireza sobre o Plano de Xestión do Lobo, relacionando a falta de Plan co veleño no monte, e vertendo, iso sí, veleño contra os ecoloxistas, verdadeiro obxectivo do artigo. O autor responsabilízanos de non querer solucionar a "problemática" que orixina a pervivencia do lobo e cúlpanos de que o Plano de Xestión non estea aínda en vigor.


27/Xaneiro/2008 /

III Xornadas sobre a problemática do lobo

A Asemblea do Suído organiza as III Xornadas sobre a problemática do lobo, co gallo da presentación do traballo de investigación "Estudo da interacción entre o lobo (Canis lupus) e o cabalo (Equus cabalus) no sur da provincia de Pontevedra"


24/Xaneiro/2008 /

"Por un trato diferenciado para o lobo dentro do plan de xestión desta especie"

"Para os cazadores galegos a situación poboacional desta especie cinexética ou a contestación ocasional que xera a súa caza non se solventa coa prohibición sen máis da práctica venatoria".