Compostela convértese este domingo na peneira dun diverso e abondoso número de actos que reivindican máis autogoberno, celebran o Día de Galiza ou lle rezan ao Apóstolo.
Como recibiron os anteriores presidentes da Xunta as medallas de Galiza da man de Núñez Feijoo? Como foi a ofrenda floral de Manuel Vázquez en Rianxo? Canto de ateigada estaba a Praza da Quintana na manifestacion do BNG? E a manifestación de Causa Galiza? Aquí podes ver, en imaxes, as fotografías dunha das xornadas máis reivindicativas e festeiras do calendario.
Feijoo volveu facer referencia ao galeguismo cordial na entrega das Medallas de Galiza aos catro ex presidentes do Goberno.
Os independentistas avogaron pola convocatoria, a curto prazo, dunha folga xeral nacional e reclamaron a autodeterminación e soberanía para Galiza.
Co cambio de goberno aínda recente e con novas caras liderando a oposición, as principais formacións políticas debullaron os seus posicionamentos sobre o conflito lingüístico, sobre a reforma do Estatuto ou sobre os primeiros 100 días do executivo.
O PSdeG demandou en Rianxo un acordo de todas as forzas para "situar a Galiza no maior nivel autonómico posíbel".
O voceiro nacional do BNG defendeu o galego "do ataque sen precedentes" orquestrado pola Xunta, avogou polo "dereito a traballar na nosa terra" e demandou un Estatuto de nación.
A viraxe política do 1M trae dúas estreas políticas a este Día da Patria. Manuel Vázquez, no PSdeG, e Guillerme Vázquez, no BNG, afrontarán esta simbólica cita coa necesidade de inxectarlles novos azos ás respectivas militancias.
A tradicional manifestación convocada polo Bloque trae neste 2009 a estrea como orador na Praza da Quintana do novo voceiro nacional, Guillerme Vázquez.
O secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, fai a súa estrea no tradicional acto dos socialistas en Rianxo, uns días despois de recuperar para o primeiro plano o debate sobre a reforma do Estatuto.
Reivindicación dunha "dobre nacionalidade, cultura e lingua", destacou o PP. Autogoberno con "amor a España", indicou o PSOE. E "autogoberno da nación dos galegos", propuxo o BNG.
"Soberanía Nacional" foi o lema da faixa portada á cabeza da manifestación desta plataforma, que transcorreu en Compostela entre a Alameda e a Praza do Toural.
O noso galeguismo "axuda, une e abre portas", defendeu o presidente do PPdeG durante o acto que o seu partido celebrou en Poio.
O secretario xeral do PSdeG expresou a súa convicción de que o país combina con éxito o "orgullo" polo autogoberno sen mirar "a España de lonxe".
Debullou o voceiro nacional do BNG as aspiracións de "liberdade e autogoberno da nación", nun camiño que, segundo subliñou, será máis rápido canto maior sexa a representación do BNG no próximo Parlamento.
"Galiza conmemora hoxe a súa forma de estar no mundo", comeza o manifesto dos socialistas para esta xornada, un día onde " os galegos recoñecémonos e reafirmamos a nosa dimensión de pobo singular e diferenciado, dentro da España plural e da Europa unida".
O Bloque estimulara xa á súa militancia e simpatizantes nas últimas semanas, con ducias de actos por todo o país. Ás 12h polas rúas de Compostela discorrerá a habitual manifestación, co discurso do voceiro nacional, Anxo Quintana, ao remate do acto.
Cunha longa precampaña xa lanzada, as principais formacións políticas aproveitan a xornada para insinuaren faragullas estratéxicas. Galeguismo "aberto", din defender desde o PP. Galeguismo "rigoroso e construtivo", apuntan desde o PSdeG. Desde o BNG chaman a "crer no noso país e nas nosas potencialidades".
"Trátase de poñer en marcha os instrumentos estatutarios e constitucionais", leu Alebrto Núñez Feijoo no manifesto oficial do PPdeG para este día, "de exercitalos con competencia e eficacia".
Cun chamamento "á conciencia do pobo galego", nun manifesto lido polo seu coordinador xeral, Xoán Gato, celebrou TEGA este mércores o Día de Galiza.