Coa reafirmación de poder para a dirección do PPdeG que a marcha de Cacharro evidenciou estes días, Alberte Núñez Feijoo aproveita para recoñecer a pouca ambición do seu partido na renovación das listas.
Criterios de transparencia, baremos obxectivos, coordinación entre administracións, control da limpeza nas contratacións... Socialistas e nacionalistas esforzáronse na elaboración dun acordo que, alén do relevo no poder, quere destacar o cambio "profundo" que pretenden para a Deputación.
A vicesecretaria xeral do PPdeG, Susana López Abella, volve criticar a Cacharro, ao que lle atribúe ampla responsabilidade na perda de poder na provincia.
Ao tempo que o presidente saínte da Deputación de Lugo lle adica beizóns a Terra Galega, desde o PPdeG aseguran que Cacharro tratou de promover listas desa formación.
O Tribunal Supremo admitiu a trámite a querela presentada pola fiscalía contra o senador do PP e presidente da Deputación de Lugo, Francisco Cacharro