Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Campaña 'Eu non te espero'

É financiábel unha visita (papal) que nos custa catro millóns de euros?

Desde hai semanas, bandeiras e cartaces en fachadas de Compostela xa amosan a crítica á visita de Bieito XVI. Agora chega á rede un manifesto.

Redacción - 12:05 14/07/2010

"A poucos meses da visita do Papa Bento XVI á Galiza, as persoas abaixo asinantes queremos mostrar publicamente o noso rexeitamento ao pontífice e aos valores que representa". Deste xeito o expoñen na bitácora Eu nom te espero!, onde critican ademais o desbalde de diñeiro público "en favor dunha determinada fe relixiosa".

O medio millón de euros por hora que custará a visita de Bieito XVI e que foi xa obxecto de debate parlamentario, é un dos argumentos expostos pola cidadanía promotora dun manifesto que convidan a asinar en internet. "As persoas abaixo asinantes rexeitamos a visita de Bento XVI a Galiza e esiximos o respecto escrupuloso dos nosos dereitos e liberdades para facer público, nas rúas de Compostela, o noso rexeitamento á institución que representa", afirman.


5/5 (22 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: