Oitoemedio Produccións achéganos tráiler do documental baixo licenza libre no que traballan: A carreira "máis perigosa e famosa" do mundo.
Con máis dun século de historia a Tourist Trophy é a carreira de motos máis antiga do mundo e tamén ten fama de ser a máis perigosa. Ten lugar na Illa de Man anualmente e convoca aos máis tolos das dúas rodas para unha dose competitiva de "paixón, risco, superación, medo e tolemia". A máis de 200 km/h nun trazado inzado de curvas, vivendas, pobos, beirarrúas, barrancos... A historia da carreira é tamén a de ducias de pilotos mortos.
Canda o piloto almeriense Antonio Maeso embarcáronse nun singular proxecto audiovisual a xente de "Oitoemedio producións" en colaboración de "Senunpeso producións audiovisuais" e "Hermanos Karapatrov acrobacias audiovisuales". Alén das peripecias motociclísticas o documental achegará tamén pegada da historia de Man, da súa lingua e das súas xentes. Na rede poden ver xa o trailer de Mphmann. Tamén ampla información na web do documental.