Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito en Palestina

Israel cede á presión internacional e suaviza o bloqueo a Gaza

O Consello de Ministros israelí aprobou esta quinta feira permitir a entrada de máis produtos de uso civil. O Parlamento galego aproba unha iniciativa do BNG sobre Cooperación.

Redacción - 10:25 17/06/2010
Porén, o bloqueo permanece

Porén, o bloqueo permanece

O Consello de Ministros israelí votou esta quinta feira a favor de suavizar o bloqueo da Faixa de Gaza e permitir a entrada de máis produtos de uso civil, logo de recibir numerosas críticas a nivel internacional polo ataque á frota con axuda a este territorio palestino o pasado 31 de maio.

A principal mudanza na política israelí cara a Faixa é substituír a actual listaxe de produtos que se permiten introducir en Gaza por outra do que estará prohibido. Isto permitirá a chegada de calquera cousa que estea fóra desa lista, incluído todo tipo de alimento. Israel acepta así a suxestión feita polo enviado do Cuarteto para Oriente Próximo, Tony Blair.

Mantense a prohibición da entrada de bens que poidan ser utilizados con fins militares, e descoñécese se entre os produtos que vetará Israel estará o cemento, agora prohibido, e esencial para a reconstrución e reparación das vivendas danadas polo masacre de Gaza de decembro de 2008 e xaneiro de 2009.

O Parlamento aproba iniciativa do BNG

Por outra banda, en Galiza, o Parlamento aprobou unha iniciativa do BNG para que no Plan Director da Cooperación Galega para o Desenvolvemento 2010-2013 se inclúan os Territorios Ocupados de Palestina como país prioritario e se estabelezan partidas orzamentarias extraordinarias para casos como as crises humanitarias provocadas por catástrofes como o terremoto de Haití.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: