Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Enfrontamentos entre quirguices e usbecos

Rusia enviará tres avións con "axuda humanitaria" a Quirguicistán

Os últimos datos do Goberno quirguiz apuntan un saldo de 170 mortos e 1.760 feridos desde o venres.

Redacción - 11:00 15/06/2010
"Zona quirguiz", na cidade de Osh

"Zona quirguiz", na cidade de Osh

Rusia planea enviar esta cuarta feira tres avións a Quirguicistán con axuda humanitaria para as vítimas dos enfrontamentos interétnicos entre quirguices e usbecos que comezaron o pasado venres en Osh e se estenderon á provincia de Dzhalal Abad. Os últimos datos do Ministerio quirguiz de Sanidade apuntan un saldo de 170 mortos e 1.760 feridos dos que 826 foron hospitalizados.

Ademais, polo menos 75 mil persoas -a maioría mulleres e anciáns, entre os que hai feridos de bala- fuxiron ao veciño Usbequistán logo de que a presidenta interina quirguiz, Roza Otunbayeva, anunciase a apertura unilateral da fronteira á última hora do domingo.

"Tres avións Il-76 transportarán a Bishkek 129 toneladas de axuda humanitaria. Cada aparello levará a bordo cinco mil mantas, 10 toneladas de azucre e 23 toneladas de conservas", informou pola súa banda o Ministerio ruso de Situacións de Urxencia, segundo recolle a axencia de noticias RIA Novosti,

Amnistía Internacional urxiu as autoridades a garantir "a protección adecuada" a toda a poboación "e en particular dos cidadáns de orixe usbeco", e pediu aos países veciños que "manteñan abertas as súas fronteiras para permitir a entrada dos que foxen sen ter en conta a súa orixe étnica".


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: