Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MALIA A CRISE

Inditex aumenta as súas ganancias un 63%

No primeiro trimestre fiscal, o grupo téxtil gañou 301 millón de euros e incrementou as súas ventas nun 14%.

Redacción - 10:00 09/06/2010

O grupo téxtil Inditex gañou 301 millóns de euros no primeiro trimestre do seu ano fiscal 2010-2011 (período que vai dende o 1 de febreiro até o 30 de abril), o que supón un aumento do 63% con respecto ao ano anterior.

A compañía galega non está a sufrir as negativas consecuencias da crise, mais ao contrario, benefíciase do peche de pequenas e medianas empresas que deixan de ser competidoras. Así se desvela do dato da Comisión nacional do Mercado de Valores, quen tamén informou da cifra de negocio do grupo, que se situou en 2.665 millóns de euros, cun incremento do 14% en relación ao mesmo período do ano anterior.

A marxe bruta situouse en 1.568 millóns de euros, o que representou o 59,9% das ventas e o resultado operativo (ou EBITDA) situouse en 560 millóns de euros, un 42% máis que no primeiro trimestre de 2009.

Máis tendas e venda por internet
A multinacional téxtil abriu durante o primeiro trimestre do exercicio 98 tendas en 29 países, co que a cifra global de estabelecementos do grupo ao final deste período é de 4.700 en 76 países. Ao peche do primeiro trimestre, Inditex entrou na India, co que xa son 77 os países nos que está presente.

A maiores, o grupo subliña o seu “estrito control” dos gastos operativos e adianta que o vindeiro mes de setembro iniciará a venda por internet de Zara en Alemaña, Francia, Italia, Portugal, o Reino Unido e o Estado Español.


4,2/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: