A pesar da recesión que afecta a maioría das economías do mundo, a multinacional téxtil consegue aumentar un 5% as súas plusvalías.
A multinacional Inditex, con centro neurálxico en Arteixo, anunciou este mércores un beneficio neto de 1.314 millóns de euros en 2009, un 5% máis ca no ano anterior. As plusvalías son o resultado dunha facturación total de 11.084 millóns de euros.
A pesar da treboada económica que afecta á maioría dos países do mundo, as vendas fóra do Estado Español representaron un 68%, as vendas a nivel estatal baixaron a case un 32% (o que supón unha caída de dous puntos con respecto a 2008). Inditex abriu o ano pasado 343 novas tendas e conta en total con 4.607 en 74 países diferentes.