Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Asalto á Frota da Liberdade

Oficiais israelís na reserva piden un comité independente

Netanyahu rexeita a oferta da ONU dunha investigación internacional. O Exército mata catro palestinos no mar.

Redacción - 10:00 07/06/2010
A presión interna segue a medrar

A presión interna segue a medrar

Dez oficiais retirados da Armada israelí fixeron pública unha carta onde exixen ao seu primeiro ministro, Benjamin Netanyahu, que designe unha comisión independente para investigar o asalto á Frota da Liberdade e deixe de responsabilizar os activistas.

Na misiva pendurada na internet e que está tamén dirixida ao xefe do Exército, o xeneral Gaby Ashkenazi, os oficiais, todos co rango de maior, denuncian que a operación de comandos o pasado luns en augas internacionais "terminou nunha traxedia militar e diplomática".

"Non estamos de acordo co argumento de que houbo un erro na información de intelixencia... e non aceptamos os argumentos de que houbo malas relacións públicas. Cremos que o plan estaba destinado ao fracaso desde o comezo", sinalan.

Porén, o primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu, non parece disposto a ceder á presión externa e interna. Este domingo rexeitou a proposta do secretario xeral da ONU, Ban Ki-Moon, de crear unha comisión internacional para investigar o asalto.

"Díxenlle ao secretario xeral da ONU que a investigación dos feitos debe ser conducida de forma responsábel e obxectiva, que estamos buscando outras alternativas", declarou Netanyahu nun encontro cos ministros do seu partido, o Likud, no goberno.

A violencia non cesa

Por outra banda, soldados israelís mataron catro palestinos que ían nun barco este luns ao amencer á altura de Gaza, informaron fontes médicas palestinas e testemuñas a axencias internacionais. A embarcación foi atacada por lanchas e helicópteros do Exército.

Os corpos foron recuperados e transportados a un hospital de Gaza. A procura continuaba para dar co paradoiro de dous pasaxeiros máis, dados por desaparecidos, indicaron as mesmas fontes. Polo momento non se precisou se se trataba dun pesqueiro ou dun barco que transportaba combatentes armados.

Un portavoz do Exército israelí dixo que unha patrulla da Mariña descubrira unha embarcación que levaba a bordo "membros dun comando terrorista vestidos con traxes de submarinistas" perto da costa sur da cidade de Gaza.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Mozos palestinos preparan unha rede de pesca nunha praia no centro da Faixa de Gaza, este lunes
Mozos palestinos preparan unha rede de pesca nunha praia no centro da Faixa de Gaza, este lunes
O barco irlandés da Frota da Liberdade, o 'Rachel Corie', entrando no porto militar israelí de Ashdod
O barco irlandés da Frota da Liberdade, o 'Rachel Corie', entrando no porto militar israelí de Ashdod