Ante a fábrica, custodiada por axentes da Policía Nacional, os manifestantes corearon lemas como "goberne quen goberne, a Ría non se vende".
A marcha convocouna a APDR
Miles de persoas convocadas pola Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) concentráronse á tardiña deste sábado, Día Mundial do Medio Ambiente, ante a fábrica de Ence para reclamar "a fin inmediata e definitiva da actividade" deste complexo industrial.
O presidente do, Antón Maza, sinalou que "se o PP quixese eliminalo, como di, antes de 2018" o primeiro que tería que facer é "non renovar en 2011 as autorizacións ambientais integradas a Ence e Elnosa, que co bipartito se deron de forma ilegal e irregular", reprochou.
Medio cento de organizacións, confrarías e colectivos sociais dos Concellos de Pontevedra, Marín, Poio, Vilaboa e Bueu apoiaron esta mobilización, que saíu desde as alamedas de Marín e Pontevedra. Á manifestación asistiron, entre outros, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a tenente de alcalde, Teresa Casal.
Durante o percorrido e ante a fábrica, custodiada por axentes da Policía Nacional, os manifestantes corearon lemas como "goberne quen goberne, a Ría non se vende". A Polícía identificou varias persoas.