Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TRATAMENTO DO LIXO

Contra a incineración, compostaxe

Colectivos ecoloxistas como Adega defenden unha xestión dos residuos máis sostíbel, económica e respectuosa co medio ambiente.

Redacción - 12:40 31/05/2010
O proceso pode levarse adiante en composteiros caseiros, de xeito comunitario en pequenas plantas e tamén en explotacións agrogandeiras

O proceso pode levarse adiante en composteiros caseiros, de xeito comunitario en pequenas plantas e tamén en explotacións agrogandeiras

Mentres a Xunta de Galiza procura concellos para construír a segunda incineradora de residuos do país, colectivos ecoloxistas como Adega fan un chamado á cidadanía para que se sumen á compostaxe, ben de xeito doméstico, como comunitario ou mesmo nas explotacións agrogandeiras.

Segundo os datos oficiais, en Galiza xéranse 1,2 quilogramos por habitante e día de residuos sólidos urbanos, dos que aproximadamente a metade é materia orgánica. Unha ampla maioría deste lixo incinérase ou vértese directamente, o que, segundo Adega, pon de manifesto a importancia de apostar por sistemas viábeis como a compostaxe para aproveitar estes recursos.

En contraposición co modelo Sogama, os ecoloxistas explican que “unha boa separación en orixe é a chave para a obtención dun bo compost”. Pola contra, coa incineración non se promove esta separación, senón que se mestura todo no contentor verde. No proxecto da Xunta, prevese a posta en marcha de liñas de compostaxe nas plantas tanto do norte como do sur, mais dende Adega entenden que iso non será posíbel “xa que a materia orgánica chegará misturada cunha alta porcentaxe de impropios” polo que entenden que serán cartos (37 millóns de euros) e esforzos desbaldidos a menos que o que se pretenda sexa demostrar unha suposta ineficacia dos sistemas de aproveitamento da materia orgánica e xustificar, deste xeito, a incineración”.

En marcha a Rede Galega de Compostaxe
Con iniciativas e proxectos en marcha, tanto individuais como municipais, os ecoloxistas defenden a creación dunha Rede Galega de Compostaxe, “que sirva de espazo de acción conxunta e intercambio de experiencias entre os diferentes proxectos e investigacións”. Arestora, forman parte desta rede, colectivos ambientais e sociais, concellos, mancomunidades e universidades.

Nunhas xornadas celebradas a pasada semana sobre o tema, presentáronse varios exemplos de proxectos reais que demostran a viabilidade da compostaxe e que avalan o importante aforro económico que supón. Así o confirmaron, por exemplo, representantes do Concello de Piñor (PPdeG) ou da Illa de Arousa (PSdeG), que fixeron unha forte aposta pola compostaxe caseira.

Asemade, diferentes estudos da Universidade da Coruña indican que o compost obtivo polos composteiros caseiros é un fertilizante de alta calidade cunha concentración moi baixa de metais pesados, mesmo apto para a agricultura ecolóxica.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A compostaxe reproduce, nunhas circunstancias particulares e controladas, o proceso natural para a xestión de materia orgánica en descomposición
A compostaxe reproduce, nunhas circunstancias particulares e controladas, o proceso natural para a xestión de materia orgánica en descomposición
Concellos como Piñor (PPdeG) ou da Illa de Arousa (PSdeG) fixeron unha forte aposta pola compostaxe caseira
Concellos como Piñor (PPdeG) ou da Illa de Arousa (PSdeG) fixeron unha forte aposta pola compostaxe caseira