Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE

A Xunta calcula que o recorte de gasto público empeora as previsións económicas

A conselleira de Facenda prevé que Galiza rematará o ano cunha recesión no PIB do 0,2%

Redacción - 15:30 25/05/2010

Hai pouco máis de seis meses o Goberno estimaba que a final de 2010 o PIB galego medraría un 0,2%. Agora a conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, vén de asegurar que é probábel que a Xunta teña que corrixir as previsións á baixa cinco décimas ou que se traduciría nunha recesión económica do 0,3.

Fernández Currás non dubidou en botarlle toda a culpa ao recorte de gasto público anunciado por Rodríguez Zapatero e recoñeceu que nin a circustancia do Xacobeo podería evitar os números macroeconómicos vermellos.

A previsíbel correción podería levar aparellada tamén unha revisión das expectativas da taxa de desemprego. O executivo de Feijoo sinalou que agardaba que a final de ano a taxa de parados chegase a un máximo dun 15%, mais a porcentaxe, en caso de que se confirme a caída do PIB, podería ser máis elevada.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: