Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DATOS OFICIAIS

O mes de abril remata cun lixeiro descenso do número de parados

A final de mes había 233.916 desempregados inscritos nas oficinas do INEM, 2.533 menos ca en marzo.

Redacción - 12:30 04/05/2010

Os pésimos datos de emprego deron unha pequena tregua en abril. Segundo o INEM, en Galiza o mes rematou con 2.533 parados menos ca en marzo, o que significa unha baixada de pouco máis dun punto porcentual. A pesar do dato positivo, a taxa de paro interanual (con respecto a abril de 2009) medrou un 11%.

Sindicatos como UXT Galicia consideran que esta pequena mellora está relacionada coas políticas públicas de estímulo no sector da construción, onde a diminución foi de 2,6 puntos. CC.OO tamén saudou o dato positivo, logo de oito meses de malos resultados, pero lembrou que debe tomarse por cautela xa que abril é un mes onde hai un incremento da contratación estacional (debido aos festivos de Semana Santa).

Podes ler en Vieiros a información dos últimos meses:


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: