O número de desempregados medrou un 1,1% en Galiza, unha porcentaxe inferior á do Estado Español (2,03%)
O desemprego medrou no último mes un 1,10% en Galiza
O pasado mes de febreiro mantivo unha tendencia alcista nas estatísticas de desemprego. O paro rexistrado nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego (SPEE, antigo Inem) aumentou en 2.543 persoas con respecto ao mes precedente, é dicir, cada día perderon o seu traballo unhas 90 persoas de media. En porcentaxes, o paro medrou un 1,1% en Galiza, co que o número de desempregados ascende xa a 234.171 persoas.
Se comparamos estes datos coas cifras do paro de febreiro do ano pasado, o incremento foi do 13,36% en Galiza. Por sectores, o que máis acusou a crise neste último mes foi o sector servizos, onde perderon o seu traballo 129.358 persoas. Séguelle a construción (37.853), a industria (36.073), o colectivo sen emprego anterior (24.437) e a agricultura (6.450).
Se comparamos estes datos cos do Estado Español, observamos que o crecemento do emprego, a diferencia do último mes, foi menor en Galiza. A nivel estatal o desemprego subiu un 2,03% e sitúase xa en 4.130.625 persoas (aumentou en 82.132 persoas respecto a xaneiro). No último ano, o incremento foi do 18,6%.
Podes ler en Vieiros os datos dos últimos meses: