Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Vertido na costa dos Estados Unidos

A petroleira "pagará a factura", avísalle Obama a BP

O mal tempo complica o traballo diante do desastre ambiental no Golfo de México. "Debemos prepararnos para o peor", agoiran desde o executivo.

Redacción - 08:30 03/05/2010

"BP é responsábel deste vertido e BP pagará a factura", subliñou o presidente dos Estados Unidos, Barack Obama, durante a súa visita a Louisiana, a onde acudiu para avaliar o impacto da marea negra que lle afecta á costa desde esta fin de semana. "Vaise facer o que sexa necesario e durante o tempo que sexa necesario", sinalou ao respecto dos traballos para frear o vertido.

Mais xustamente eses traballos están a afrontar graves complicacións polas características do suceso e pola propia meteoroloxía. A dificultade para deter o derrame causado pola rotura do pozo petrolífero submarino fixo que un dos voceiros do seu gabinete agoirase este mesmo domingo que o litoral da zona debe prepararse "para o peor". "Un desastre medioambiental sen precedentes", definiu o propio Barack Obama.

Última hora:


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: