Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Paso atrás

O catalán xa non será necesario para traballar en Canal 9

As bases da convocatoria de prácticas de dous anos no ente público sitúan a lingua propia como un mérito máis, á altura das linguas estranxeiras.

Redacción - 11:45 28/04/2010

A próxima convocatoria de prácticas na Radio Televisión Pública Valenciana xa non exixirá o coñecemento da lingua propia para traballar na canle. Por primeira vez na historia do ente, os xornalistas que opten a dous anos de prácticas nalgunha das canles televisivas da RTVV xa non terán por que dominar o idioma catalán. As bases especifican que xa non será un requisito, senón un mérito, coa mesma puntuación có coñecemento do inglés ou do francés.

Segundo publica L'informatiu, a valoración do catalán, denominado valenciano na comunidade autónoma, será dun punto, 13 veces menos cá nota media da titulación universitaria. Nas prácticas en Canal 9 a lingua contará menos ca, por exemplo, nas oposicións á Policía Local. No texto das bases só se exixe coñecer algunha das linguas oficiais da Comunitat. Esta medida é un paso máis na castelanización da televisión valenciana, onde xa se emiten moitos programas de produción allea en castelán e se reduciu a dobraxe á lingua do país.

Aínda que os informativos son exclusivamente na lingua propia, as prácticas abren a posibilidade de que persoas que non coñezan ese idioma pasen a traballar na redacción. De feito, a canle informativa da RTVV, 24/9, ten un 90% de persoal nese status laboral.

Na TVG si é necesario o galego
Pola súa banda, a convocatoria de prácticas de verán na CRTVG, aínda que está publicada na web do ente tanto en galego como en castelán, exixe explicitamente que "por ser o galego o idioma en que se realizarán as prácticas, é requisito imprescindíbel o dominio escrito e oral do idioma", que se garantirán mediante unha proba.


1/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: