Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Suposto maltrato animal

O xuíz propón arquivar o caso da canceira municipal do Carballiño

"Do actuado non aparece debidamente xustificada a perpetración do delito", resolve. A plataforma 'Matar por matar, non' presentará recurso.

Redacción - 18:35 26/04/2010
Foxa atopada hai una ano

Foxa atopada hai una ano

O xulgado número 1 do Carballiño acaba de ditar resolución ao respecto do caso da canceira do Carballiño. Na mesma, propón o arquivo da causa incoada pola morte masiva de cans ns instalacións municipais, xa que "do actuado non aparece debidamente xustificada a perpetración do delito".

Entre o 1 de xaneiro de 2009, cando o Concello se fixo cargo da instalación, e o 3 de marzo, ducias de cadáveres de cans foron atopados nunha fosa ao descuberto, nas proximidades da canceira. Todos os grupos municipais aprobaron mesmo a creación dunha comisión de investigación, aínda que finalmente o goberno non levou a efecto.

Desde a plataforma 'Matar por matar, non' aseguran que hai diversas probas solicitadas que "non levaron a efecto" e que tiñan por finalidade aclarar a morte dos animais. Entre estas, din, algo "tan obvio" como interrogar os responsábeis da súa custodia, "algo común cando xorden mortes en institucións que teñen ao seu cargo a seguridade e/ou integridade de persoas ou animais".

En concreto, aseguran que "existen unhas declaracións dalgún responsábel da canceira que, segundo todos os indicios, poderían aclarar as circunstancias de tan inxente número de baixas". Ao respecto, anunciaron que "están sendo presentados os recursos pertinentes".


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: