Cómo pode ser que despois de facerense obras por valor de 250.000 € o recinto non instalara nin auga corrente nin luz, cando isto é absolutamente esencial para o funcionamento dunha canceira. Despois das subvencións que recibiu o grupo Outeiro tanto para a canceira como para o seu funcionamento. Non se poden comprender as enormes carencias que alí hai en medios materiais e organización. De feito a comida para os cans tamén a reciben doada dunha empresa, e os traballadores os paga o concello do Carballiño. Sen embargo a canceira cobra por cada can que se lle deixa. Resulta ademais escandaloso que esta obra pública carezca tanto de licenza de obra como de licenza de apertura sendo polo tanto unha obra ilegal. Ante esta situación escandalosa é sospeitoso o clamoroso silencio dos responsábeis municipais sobre este tema así como o grave descontrol dos cartos públicos. Outro dos puntos máis negros desta canceira é a organización do traballo e da xestión, adoéce dun mínimo control dos animais que entran e saen, do seu estado, cantidade, situación sanitaria, etc., así como dos traballadores. Os responsables da canceira apenas supervisan o funcionamento, existen tarefas básicas de limpeza e tratamentos sanitarios, reparacións, melloras, etc que non se controlan, hai que ter en conta que non se poden manter ducias de cans nunhas condicións de limpeza e sanidade axeitadas sen eses controis continuos e diarios. Debido a tanto descontrol que existe nesa instalación é necesario que se faga unha auditoría do proxecto que determine onde foron empregados os cartos públicos e se foron gastados axeitadamente. O noso desexo é que a canceira estea ben dotada para atender aos animais e que o traballo se faga nas mellores condicións pero se é unha chapuza deben pedirse responsabilidades a quen corresponda.