Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COA PRESENZA DE GALIZA

Constitúese a Rede Mundial polos Dereitos dos Pobos

A Fundación Galiza Sempre participa neste foro que ten por obxecto construír un espazo de encontro entre pobos e nacións sen estado.

Redacción - 11:30 24/04/2010
Imaxe: Fundación Galiza Sempre

Imaxe: Fundación Galiza Sempre

Será o vindeiro luns en Xirona. A cidade catalá está a acoller estes días o Foro Mundial polos Dereitos Colectivos dos Pobos, un congreso que verá nacer nun acto fundacional a Rede Mundial polos Dereitos dos Pobos. Xosé Manuel Beiras, presidente da Fundación Galiza Sempre, presentará, canda representantes do Quebec, Kurdistán, Catalunya e diversos pobos indíxenas os seus obxectivos.

Principalmente, a misión que se marca esta nova Rede Mundial é construír un espazo de encontro entre pobos e nacións sen estado e orixinarios a escala mundial que, dunha banda, “permita un mellor coñecemento recíproco dos discursos e as prácticas que teñen que ver co exercicio dos respectivos dereitos colectivos” e, da outra, “xunte esforzos orientados a unha maior visibilidade da existencia dunha diversidade nacional, cultural e lingüística non reflectida na actual configuración internacional”.

A súa constitución decidiuse no último Foro Social Mundial, celebrado en xaneiro de 2009 en Belem do Pará (Brasil).


Ligazóns

5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: