Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O ACTUAL PRESIDENTE DE PORTOS DE GALIZA

Admitida a trámite a denuncia da Fiscalía contra Álvarez-Campana

Está acusado dun posíbel delito de prevaricación ambiental e urbanística no caso da piscifactoría de Rinlo, cando era director xeral de Avaliación Ambiental.

Redacción - 10:35 23/04/2010
Porto de Rinlo, onde estaba prevista a planta acuícola de Acuinor

Porto de Rinlo, onde estaba prevista a planta acuícola de Acuinor

Xosé Manuel Álvarez Campana, actual presidente de Portos de Galiza, terá que declarar como imputado o vindeiro luns 3 de maio en relación a un delito de prevaricación ambiental e prevaricación urbanística. O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Santiago de Compostela admitiu a trámite a denuncia interposta polo fiscal de medio ambiente, Álvaro García Oritiz, contra quen fora director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Os feitos xulgados remóntanse a 2005, cando Álvarez-Campana tiña responsabilidades na Consellaría de Medio Ambiente do goberno de Fraga (Feijoo era vicepresidente). Daquela, o Consello da Xunta, xa en funcións, aprobou a declaración de impacto ambiental da planta acuícola de Rinlo, en Ribadeo. A empresa promotara era Acuinor, presidida por un curmán do ex-ministro Francisco Álvarez Cascos.

Dende o colectivo ecoloxista Adega, responsábel da paralización das obras e de poñer en coñecemento da Fiscalía os feitos e a documentación correspondente, piden que o xuíz “actúe con liberdade” e que “investigue a fondo para que se depuren responsabilidades”. Asemade exixen a Alberto Núñez Feijoo que cese ao imputado como presidente de Portos de Galiza.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: