Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Morre Juan Antonio Samaranch

Homenaxes múltiples ao herdeiro do franquismo que abriu furado de corrupción no COI

O panexíricos que masivamente lle adica a prensa estatal ao finado persoeiro evitan mencionar as sombras acumuladas na súa traxectoria vital e profesional.

Redacción - 11:20 22/04/2010

O cualificativo de presunto "pai do olimpismo moderno" (así titulan varios especiais os medios como o de El Mundo.es) é un dos que máis se repiten nos laudatorios discursos que asolagan a prensa do Estado español esta semana en lembranza de Juan Antonio Samaranch. O marqués de Samaranch, a quen Cataluña despide cos máximos honores institucionais e cuxa capela ardente permanece aberta este xoves no Palau da Generalitat en Barcelona, é cualificado por exemplo como "soñador" e "mestre" polo actual secretario de Estado para o Deporte do goberno español, Jaime Lissavetzky, nun artigo publicado en El País.

Hai que brincar á prensa internacional para atopar unha análise completa da realidade da figura de Samaranch e da súa traxectoria vital e profesional. Así por exemplo, na propia BBC podemos ler un artigo onde Adrian Warner recorda que deixou medrar un cancro de luxo e corrupción no Comité Olímpico Internacional. Na prensa italiana atopamos referencia ao seu pasado "coa camisa azul da Falanxe" e o perfil que lle adica o francés L'Express é contundente: Con el mudou a divisa de Coubertain: o importante pasou a ser participar dos beneficios. Na biografía pública máis accesíbel sobre a súa figura a través de internet, na wikipedia, atribúenlle a afiliación falanxista ao suposto intento de recuperar a súa licenza xornalística. Mais outras semblanzas do persoeiro teñen subliñado que o seu vencello e convicción á beira do réxime franquista foi ben profundo.

Recomendámoslles a cobertura de Vilaweb: Cataluña vela cos máximos honores un dos últimos dirixentes do franquismo, onde poden ver unha imaxe de Samaranch levantando o brazo en saúdo de corte fascista en tempo en que moita xente, exemplo o rexedor á súa beira, xa evitaba o xesto.

Máis na prensa internacional:


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: