O Foro Mundial de Educación Infantoxuvenil, que se desenvolveu hai uns días no Brasil, inaugura os actos que rematarán en decembro no noso país.
Inauguración do acto de Osasco
O Foro Mundial de Educación, adscrito ao Foro Social Mundial, cando se cumpren 10 anos da súa existencia, desenvolverá no vindeiro mes de Nadal a súa primeira xuntanza en Europa, concretamente en Compostela. Mais neste 2010, ademais da reunión en Galiza, están previstas outras dúas actividades.
A primeira levouse a cabo hai uns días na localidade de Osasco (São Paulo, Brasil), e contou con presenza galega. Manoel Santos, en representación do Seminario Galego de Educación pola Paz (SGEP) e do Comité organizador do Foro 2010, participou no Foro Mundial de Educación Infantoxuvenil.
Convidado pola prefeitura de Osasco e o Instituto Paulo Freire, Santos aproveitou o evento -ao que asistiron máis de 3.500 persoas, entre estas 1.800 crianzas das escolas paulistas- para trasladar o convite galego á actividade de Compostela e observar diversos aspectos da organización.
Ademais, deu conta do traballo desenvolvido en Galiza polo SGEP, así como dos "perigos que corre a educación pública en Europa por causa da súa mercantilización", e participou en diversas reunións informais con outras organización.
A vindeira cita será en Palestina, a finais do mes de outubro. Media ducia de localidade acollerán diversos actos onde se abordará a cuestión da multiculturalidade relacionada coa educación.