Nunha entrevista, confirma que recuncará nas listas das municipais “para acalmar o PP” e confía na revalidación da maioría absoluta.
“Vou repetir candidatura á presidencia da Deputación de Ourense para continuar acalmando o PP e para que o partido poida manterse á fronte da institución provincial con maioría absoluta”. Así confirma Xosé Luís Baltar a súa continuidade á fronte da candidatura provincial, nunha entrevista do xornal Faro de Vigo.
O varón ourensán, que presume de boina como símbolo da súa “sintonía co pobo”, asegura que Alberto Núñez Feijoo xa coñece a súa decisión e que a comparte. Explica que non lle gustaría marcharse “nun momento no que o PP se atope en problemas” e que espera que todos os que lle pediron a súa continuidade no mes de decembro como presidente do partido apoien agora esta decisión.