Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
LIORTA NA IGREXA

Máis de 250 cregos vascos solidarízanse cun seu compañeiro censurado por unha editorial católica

Sacerdotes de Guipúzcoa apoian a José Antonio Pagola, un teólogo que escribiu unha controvertida biografía de Xesús.

Redacción - 17:47 05/03/2010
José Antonio Pagola

José Antonio Pagola

O teólogo vasco José Antonio Pagola dedicou sete anos a investigar a figura de Xesús de Nazaret. O estudo deu como froito o libro “Xesús. Aproximación hitórica”, que axiña se converteu nun gran éxito editorial xa que se chegaron a vender 60 mil exemplares. Mais a alegría durou pouco. O pasado mes de febreiro a editorial marianista PCC decidiu retirar a obra das librarías logo de que as teses de Pagola, actual director do Instituto de Teoloxía e Pastoral de Donostia, producisen un forte debate dentro do seo da Igrexa española.

Pagola defende que Xesús naceu entre os anos seis e catro da nosa era, en Nazaret (e non Belén como se sostén oficialmente) e tiña como lingua o arameo, aínda que coñecía o hebreo e algo de grego. O teólogo vasco afirma que a súa profesión era a de “obreiro da construción” e non a de carpinteiro

O libro da polémica defende que Xesús predicaba a igualdade real entre homes e mulleres e que estaba “máis interesado na vida da xente ca na relixión”. Pagola aseguraba que a mensaxe do persoeiro estudado era contraria a calquera dominación: “Pedía un espazo sen dominación, nin masculina nin de ningún tipo. Dicía que ninguén podía poñerse enriba de ninguén, nin el pode gobernar a ninguén”.

A reacción á retirada do libro non se fixo agardar. Este mesmo venres, 252 cregos de Guipúzcoa publicaron unha carta de solidariedade con Pagola. Na misiva denuncian a persecución que sufriu o teólogo e piden que se aclare quen presionou á editorial católica para que retirase a obra das librarías. Os relixiosos vascos mostran o seu malestar con “algúns sectores da Conferencia Episcopal Española”


4,5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: