Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Campaña contra a crise

Quen vai arranxar isto?

Unha iniciativa apoiada polas grandes empresas para "recuperar a confianza" foi contestada por internautas que avogan por loitar contra o consumismo.

Redacción - 12:00 03/03/2010

A campaña "Isto só o arranxamos entre todos", concibida polo xefe de márketing de Telefónica e apoiada polas cámaras de comercio e grandes empresas do Estado Español, foi recibida con grandes críticas na internet. O manifesto, proposto por "xente coma ti", segundo figura na súa web, e artellado arredor da Fundación Confianza, pretende "recuperar" esa "confianza", fundamentalmente dos consumidores, fronte á crise económica.

Pero esa campaña publicitaria, apoiada por caras famosas e cun investimento de catro millóns de euros, xa ten a súa réplica: "Isto só o arranxamos sen eles". As persoas que impulsan o contra-manifesto aseguran que é unha "ridícula campaña" impulsada polo "alto empresariado" para "seguir xogando co traballador de a pé, co parado, co estudante" que "si sufriu esta crise".

A crise, segundo a autodenominada "alianza rebelde" foi creada polos banqueiros e polos especuladores e estana a pagar "os de sempre", polo que avoga por "reformar" o sistema capitalista, e non o mercado laboral.

Tamén se está a librar unha 'batalla' nas redes sociais, que de momento vai gañando a campaña promovida polas grandes empresas. Así, no Facebook o grupo de apoio a "Isto só o arranxamos entre todos" conta con máis de 38 mil apoios, mentres que os grupos alternativos suman algo máis de cinco mil adhesións.


4,83/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: