O Igadi analiza o momento político que se vive en Brasil a sete meses das eleccións xerais. Cales son os retos do país?
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) acaba de elaborar o número trinta do seu Igadi Paper. O boletín electrónico converteuse nun instrumento de análise sintética pero rigorosa de diferentes acontecementos internacionais.
Nesta ocasión Brasil é o país que monopoliza a publicación. A pregunta é clara: E despois de Lula, que?