Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FUNDACIÓN GALIZA SEMPRE

Camilo Nogueira participa nun foro sobre o futuro do Curdistán

Representa a Galiza na Conferencia Internacional sobre Negociación e Resolución de Conflitos que se celebra esta fin de semana en Amed (Diyarbakir).

Redacción - 10:15 27/02/2010
Nogueira participou nos encontros polos dereitos colectivos dos pobos e nacións sen estado celebrados no marco do Foro Social Mundial

Nogueira participou nos encontros polos dereitos colectivos dos pobos e nacións sen estado celebrados no marco do Foro Social Mundial

O que fora eurodeputado nacionalista entre 1999 e 2004, Camilo Nogueira, representará a Galiza esta fin de semana na Conferencia Internacional sobre Negociación e Resolución de Conflitos en Amed (Diyarbakir) no Leste de Turquía. Este certame está organizado polo Congreso da Sociedade Democrática (DTK) e pretende reunir a persoas con experiencia política internacional para contrastar procesos e negociacións de paz en todo o mundo e contribuír así á análise da situación do pobo kurdo en Turquía.

Ademais do columnista de Vieiros, participarán outros representantes políticos, sociais e académicos procedentes de Irlanda, Sudáfrica, País de Gales ou Chipre, entre outras nacións. A súa intervención foi proposta pola Fundación Galiza Sempre (FGS) e está prevista para o próximo sábado. Será nun debate sobre experiencias de reparto de poder, reforma administrativa e participación colectiva no que trasladará a súa valoración dos procesos vividos durante a transición por Galiza e a súa propia experiencia como observador en diferentes conflitos internacionais. Reflexionará así sobre a realidade das nacións sen estado e a traxectoria do nacionalismo galego.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: