Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
GALIZA-PORTUGAL

Un plan de transporte público unirá as dúas beiras do Miño

Estabeleceranse redes de comunicación entre as zonas rurais e os principais núcleos da Eurrexión e crearanse liñas especiais para acudir a feiras ou citas sinaladas.

Redacción - 13:06 24/02/2010

O Plan de Transportes Públicos do Vale do Minho Transfronteirizo xa está en marcha e a previsión é que conclúa cunha presentación oficial a finais de outubro deste ano. Alcaldes e responsábeis de 16 concellos galegos, de cinco cámaras portuguesas e da Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galiza fixaron esta semana en Valença do Minho a metodoloxía para a elaboración deste plan, que dotará de transporte público á cidadanía de ambas beiras do río Miño.

O obxectivo será o de crear redes de comunicación entre zonas rurais e os principais núcleos da Eurorrexión. Tamén se pretende interligar as redes de transporte mediante estacións intermodais e proporcionar información os potenciais pasaxeiros. A maiores, o plan contempla a creación de liñas interurbanas especiais que atendan fluxos xerados por eventos especiais, como feiras, concertos ou outras citas que non responsan a ningunha regularidade. Asemade, estudarase a dotación de liñas nocturnas que cubran rutas até lugares que concentren actividades de ocio.

Un fluxo de 2.700 traballadores diarios
O Plan de Transporte Público Transfronteirizo afectará os concellos integrados na asociación Uniminho (A Guarda, O Rosal, Oia, Tomiño, Tui, Porriño, Salceda, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas, Covelo, Salvaterra, As Neves, A Cañiza, Arbo e Crecente) e as cinco cámaras portuguesas de Vilanova da Cerveira, Valença, Paredes de Coura, Monçao, e Melgaço. Segundo as estatísticas do Eurex Transfronteirizo, a diario cruzan entre unha e outra beira do Miño entre 1.500 e 2.500 traballades de Portugal cara Galiza. Mentres, entre 600 e 800 fan o camiño inverso, até Portugal.


4,33/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: