Asegura que o actual embaixador na Santa Sede deixará o seu cargo por discrepancias coa lei de liberdade relixiosa impulsada por Zapatero.
Vázquez bicando a man de Ratzinger
Segundo publica o xornal ultracatólico español La Gaceta, o actual embaixador na Santa Sede, o ex alcalde da Coruña Francisco Vázquez, deixará o seu cargo nos próximos meses. O rotativo especula con supostas discrepancias co goberno que preside José Luis Rodríguez Zapatero en leis como a de liberdade relixiosa.
Precisamente a futura norma parece ser o escollo insalvábel que precipitou a súa renuncia. Segundo conta La Gaceta, "Vázquez, como bo político nin confirma nin desmente, e como bo galego tamén sorrí cando llo dicimos, deixando entrever que todo é posíbel".
Neste senso, engaden desde os círculos mediáticos da ultradereita española, "todo apunta a que Vázquez podería ser o substituto de Enrique Múgica como Defensor del Pueblo. Este sería polo menos o desexo do presidente Rodríguez Zapatero".