Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DENDE A MADRUGADA DESTE SÁBADO

A OTAN lanza unha grande ofensiva contra un bastión talibán no sur de Afganistán

A operación militar, na que participan 15 mil soldados, é a de máis entidade dende que en 2001 as tropas internacionais ocupasen este país.

Redacción - 10:14 13/02/2010

Tropas da OTAN iniciaron nas últimas horas unha das maiores ofensivas en territorio afgano dende que en 2001 ocuparan este país. Máis de 15 mil soldados (maioritariamente estadounidenses, británicos e do propio país) participan nunha operación que ten como obxectivo expulsar as milicias talibáns da provincia de Helmand, emprazada no sur do país. Soldados de Dinamarca, Estonia e Canadá apoian a actuación.

A propia OTAN asegura que a ofensiva é a máis importante dos últimos anos e segundo a súa versión tratar de devolverlle as terras controladas polos talibáns ao "lexítimo goberno de Afganistán". Mais outra das claves é que esta provincia é un centro privilexiado para o cultivo de opio (unha das fontes de financiamento dos rebeldes para seguir loitando contra as tropas internacionais.

A incursión militar conta co permiso de Hamid Karzai, que se entrevistou poucas horas antes de comezar os combates co embaixador de EUA e con altos mandos das tropas americanas.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: