Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Proxecto 'Litoral 21'

Preocupación cidadá polo asolagamento de terra que se prepara nas praias coruñesas

Veciños da cidade expoñen nunha bitácora o seu desasosego por unha iniciativa que "alterará completamente" a paisaxe e ecosistema dos areais urbanos.

Redacción - 13:00 11/02/2010

"As principais funcións da praia urbana son o espazo para uso lúdico, a protección da costa e en menor medida, hábitat de flora e fauna". Así aparece de xeito literal no texto da iniciativa que implica a Concello da Coruña e Dirección Xeral de Sostibilidade para a ampliación das praias da Coruña. Unha redacción do proxecto que "causa certo estupor" entre membros da veciñanza coruñesa que, como usuarios habituais dos areais, acaban de botar á luz un espazo web onde expoñen as súas preocupacións.

Entre outros, advirten de que o texto deixa nunhas liñas os posíbeis impactos das obras, indicando apenas que as incidencias que puideran xurdir "serían debidas ao vertido de area no caso de as correntes mariñas actuasen sobre o sedimento seguindo unha pauta distinta á esperada". E engade o documento: "Poderían producirse afeccións sobre os bancos pesqueiros, traducidas en forma de sedimentación de area sobre os mesmos". Para estes cidadáns, resulta paradoxal que eses potenciais efectos aparezan apenas como anécdota no estudo e que nin sequera se propoña a súa investigación no que será guieiro para as obras en curso.

Lembran que o propio proxecto recoñece que a area usada na primeira ampliación do areal, en 1989, é máis grosa que a natural e acumulouse en pendente nun área de Riazor servindo de "rampla ao mar", feito que "propicia os danos na balaustrada do paseo". Resultado tamén do que cualifican de paseo marítimo "mastodóntico e mal concibido", motivo polo cal expoñen que se cadra sería "máis razoábel" cambiar o deseño do paseo marítimo en dous ou tres lugares ou mesmo a estrutura da balaustrada, "para axeitala ao mar", no canto de "ampliar brutalmente a cantidade de area".


Ligazóns

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: